foto

foto

miércoles, 5 de marzo de 2014

Os espazos da escola no período de adaptación

Entrada: Constitue un lugar idóneo para facilitala comunicación ou informacións coas familias, poñéndose ésta en corchos, murais, etc.
É, ademáis, o primeiro que ve o neno cando acede a escola, e debe contribuir a creación dunha actitude positiva dos meniños hacia o centro. Coidaremos especialmente este espazo no período de adaptación: será alegre, acolledor e cómodo; que invite a entrar.
O principio estará baldeiro (só algunha información xeral do centro) e día a día, iremos colgando fotos dos nenos de como están a levar esta fase de adaptación, traballos realizados, etc. que axudará a crear un ambiente agradable.
Procuraremos non ter espazos moi saturados de materiais, informacións, etc. nestes primeiros días, pois os nenos están acedendo a un entorno descoñecido e non os vamos sobrecargar; primeiro deben afacerse a él.



Aula: Contará con espazos que propicien o movemento, actividades de ralación entre iguais e co adulto, pero tamén atenderá a necesidade de afecto, proteción e seguridade que demandarán os meniños nestes momentos (espazos íntimos para compartir co educador ou para relaxasrse eles sos). Seguindo a linea proposta, non incluiremos nada máis que o necesario (aseos, percheiros, colchoneta, etc.), os xogos e xoguetes irémolos introducindo pouco a pouco, contando coa axuda e colaboración dos nenos na construción deste espazo, polo que o sentirán un pouquiño seu, disfrutando na súa organización.
En canto os demáis espazos: galerías e pasillos, comedor, patio interior e exterior, etc. estarán organizados seguindo a mesmo proceso de austeridade en canto a materiais, etc., xa os iremos enchendo xunto cos nenos e nenas cando vaian superando e aceptando a entrada á escola.
Realizaremos actividades e xogos para que coñezan as distintas dependencias, cómo e para qué se utilizan, etc. (respecto polos materiais e polos elementos do centro).      

martes, 4 de marzo de 2014

Os espazos no período de adaptación. Introducción

En Educación Infantil non podemos establecer xerarquías na organización do espazo, pois entendemos que os diferentes momentos e situacións que se suceden o longo do día ou do curso son diferentes e o espazo xoga un verdadeiro papel educativo (todas as dependencias da escola se consideran espazos educativos). Debe ser flexible, capaz de adaptarse a cada situación e intereses que se vaian sucedendo.
É por isto, que se considera fundamental que calquera plantexamento metodolóxico teña en conta o diseño ambiental en canto a organización do espazo, de forma que sexa capaz de estimular a interacción entre iguais e adultos, a manipulación, observación, etc. e a súa vez,
ofrecer un marco de seguridade emocional e afectiva.
Neste primer momento de comezo do curso, o espazo estará orientado a favorecela incorporación dos meniños ao centro.

sábado, 1 de marzo de 2014

Os recursos no período de adaptación

"Dime e olvido, ensíname e recordo, involúcrame e aprendo"

Cando os meniños aceden por primeira vez ao centro, todo e novedoso para eles,encóntranse nun lugar descoñecido e separados das súas familias, principalmente da súa figura de apego. A través dos recursos, poderémoslles axudar a superar con éxito esta situación.
No período de adaptación, é moi importante traballar cos nenos/as a súa satisfacción persoal e a afectividade; e dicir, que o meniño se sinta recoñecido frente a tantas cousas e situacións novas polas que ten que pasar. E por iso que consideramos que sería bo que durante os primeiros días poidan vir acompañados do seu xoguete ou osiño favorito, para sentirse así máis protexidos ou acompañados nestes primeiros días. 
Por un lado, contamos co mobiliario que forma parte da escola, máis concretamente da aula de cada grupo; debemos procurar como condición xeral, que sea adaptado as características das crianzas: percheiros, sillas, mesas, contenedores, casilleiros, etc. todo será adecuado o seu tamaño. Deste xeito, conseguimos ademáis, favorecela autonomía dos nenos e nenas.
Procuraremos non ter grandes cantidades de materiais ou xoguetes, pois xa lles é suficiente con enfrentarse a un espazo novo, primeiro, débense familiarizar con él; non os debemos someter a tantos estímulos xuntos a vez. Neste sentido, poderíamos citar as tarxetas identificativas, fotos dos nenos, etc. non e o momento para utilizalas, pois inda non nos coñecemos; excluirémolas neste momento de adaptación.


Non obstante, para axudarnos neste delicado camiño de incorporación á escola, botaremos man de materiais manipulativos como a plastilina, que contribuen a socialización e o disfrute.
Contamos tamén con un sinfín de xogos e cancións que implican o coñecemento dos outros, do espazo, do material, etc.
Un bo recurso sería contar cun taboleiro onde os nenos/as poidan ir expoñendo as "obras" que van realizando o longo da xornada (os máis maiores disfrutaran ensinándollas aos seus pais, e éstes vendo o que fan os seus fillos). 

Por outro lado, a introdución das rutinas, imprescindibles neste ciclo, xa as podremos empezar a traballar de igual xeito con cancións ou xogos, xa que lles servirán de referencia no medio de tanto desconcerto.