foto

foto

sábado, 1 de marzo de 2014

Os recursos no período de adaptación

"Dime e olvido, ensíname e recordo, involúcrame e aprendo"

Cando os meniños aceden por primeira vez ao centro, todo e novedoso para eles,encóntranse nun lugar descoñecido e separados das súas familias, principalmente da súa figura de apego. A través dos recursos, poderémoslles axudar a superar con éxito esta situación.
No período de adaptación, é moi importante traballar cos nenos/as a súa satisfacción persoal e a afectividade; e dicir, que o meniño se sinta recoñecido frente a tantas cousas e situacións novas polas que ten que pasar. E por iso que consideramos que sería bo que durante os primeiros días poidan vir acompañados do seu xoguete ou osiño favorito, para sentirse así máis protexidos ou acompañados nestes primeiros días. 
Por un lado, contamos co mobiliario que forma parte da escola, máis concretamente da aula de cada grupo; debemos procurar como condición xeral, que sea adaptado as características das crianzas: percheiros, sillas, mesas, contenedores, casilleiros, etc. todo será adecuado o seu tamaño. Deste xeito, conseguimos ademáis, favorecela autonomía dos nenos e nenas.
Procuraremos non ter grandes cantidades de materiais ou xoguetes, pois xa lles é suficiente con enfrentarse a un espazo novo, primeiro, débense familiarizar con él; non os debemos someter a tantos estímulos xuntos a vez. Neste sentido, poderíamos citar as tarxetas identificativas, fotos dos nenos, etc. non e o momento para utilizalas, pois inda non nos coñecemos; excluirémolas neste momento de adaptación.


Non obstante, para axudarnos neste delicado camiño de incorporación á escola, botaremos man de materiais manipulativos como a plastilina, que contribuen a socialización e o disfrute.
Contamos tamén con un sinfín de xogos e cancións que implican o coñecemento dos outros, do espazo, do material, etc.
Un bo recurso sería contar cun taboleiro onde os nenos/as poidan ir expoñendo as "obras" que van realizando o longo da xornada (os máis maiores disfrutaran ensinándollas aos seus pais, e éstes vendo o que fan os seus fillos). 

Por outro lado, a introdución das rutinas, imprescindibles neste ciclo, xa as podremos empezar a traballar de igual xeito con cancións ou xogos, xa que lles servirán de referencia no medio de tanto desconcerto.


 

1 comentario:

  1. hola Laura,
    enhorabuena por el blog, me gusta mucho como escribes.
    Estoy de acuerdo contigo en que todo el espacio nuevo que rodea al niño tiene que estar adaptado a él, además de poder llevarse un objeto suyo al aula, para ayudar a tranquilizarse y tener algo que reconozca en un lugar desconocido y sin su familia.
    Sigue así
    Un saludo

    ResponderEliminar