foto

foto

viernes, 28 de febrero de 2014

Obxectivos no período de adaptación

No período de adaptación é moi importante a separación cos pais, pero non é so iso; podríase pensar que si un meniño non chora, se mostra contento e confiado, non necesita dito período, pero este tempo de adaptación implica outras moitas cousas: como obxetivos do período de adaptación en canto as crianzas poderíamos citar:
  • Aceptar o novo espazo e ser capaz de moverse libremente nel.
  • Explorar o novo material.
  • Adaptarse as rutinas.
  • Establecer vínculos de afectividade coa educadora e cos demáis meniños.
  • Admitir progresivamente a separación cos pais. 
 Non me gustaría pechar esta entrada sen facer mención a outra parte fundamental neste período: as familias. Poderíamos considerar de igual modo, outros obxetivos a conseguir polos pais/nais dos nenos/as no tamén seu período de adaptación:
  • Superala angustia da separación.
  • Confiar no equipo.
  • Despedirse dos nenos/as sen engaños e con seguridade.
  • Coñecer e valorar o período polo que están a pasar os seus fillos.

jueves, 27 de febrero de 2014

O tempo para as familias e para os educadores

Os meniños non son os únicos que participan na escola, tamén o fan as familias, (fundamentais en canto a colaboración e participación na escola infantil), o equipo educativo e o non educativo.
Uns días antes do comezo do curso, citamos as familias (as novas e tamén as que renovan), sen crianzas, para poder comunicarnos sen interrupcións. Faremos unha pequena xuntanza no patio, tocando varios puntos: a benvida e presentación, o período de adaptación, a metodoloxía que aplicamos, a participación das familias na Escola Infantil, as normas a seguir e invitámolos a participar na "xornada de portas abertas", que será o primeiro día de clase, no que as familias poderán vir ao centro cos seus fillos/as para realizar todos xuntos  actividades coma contacontos, xogos con plastilina,etc. disfrutando deste primer encontro entre as familias, o cal lle proporcionará os nenos seguridade e confianza hacia a escola.
Despois cada pequeno grupo pasa a súa aula onde as titoras entregaranlles as axendas, un tríptico resumo da xuntanza e o material que precisan. Será este o momento destinado a que as titoras expoñan a planificación do período de adaptación e así facer os cambios precisos según as posibilidades das familias; como tamén quedar para a realización das entrevistas persoais, que supoñen un acercamento familia-escola, o tempo que van proporcionar os educadores datos importantes en canto o coñecemento das súas circunstancias e información relevante do seu fillo/a.

Polo que respecta ó equipo educativo, tamén necesita tempo para organizarse, facer as programacións, adaptacións no caso de ser necesarias, tarefas administrativas, documentación, etc. Reuniranse antes de comezar o curso e abordarán todos estes temas, organizaranse para empezar o curso todos na mesma línea. Os primeiros días, xa que os nenos non veñen a escola toda a xornada
, tamén poden aproveitar para a elaboración deste material.  

O Tempo para as crianzas

O primer día que a crianza visita a escola soe coincidir cando coa súa familia solicita información para fecer a solicitude de praza, nese momento ensinámoslle a escola e vén un intre como o están a pasar os nenos e nenas. O día da entrega da documentación, xa nos coñecen e podémoslle chamar polo seu nome, se queren xogar no patio, invitámolos a facelo. Este soe ser o primer contacto que teñen os meniños coa escola.
Cando comeza o período de adaptación, a premisa fundamental que debemos coidar, e o respecto o ritmo de cada neno/a; así, ainda que nos teñamos establecidos uns horarios, unhas rutinas determinadas, as tutoras, contando coa aprobación por parte das familias, poderán facelos cambios precisos polo ben das crianzas; isto é, aínda que dito período estea programado para 15 días, se consideramos que un neno necesita máis ou menos, non existe motivo algún para ampliarlle o horario antes do previsto ou telo uns días máis en adaptación.
Podemos dicir que, según a idade dos meniños, 4 a12 meses, 2 ou 3 anos, o tempo adicado a este proceso, será algo diferente, pois non é o mesmo a actitude que poida mostrar un bebé que a que poida ter un neno de máis idade (aínda que como sempre, habrá excepcións), soe costar máis nun neno/a maior.
Na aula de 2-3 contamos con 20 nenos, os primeiros días virán a escola de
4 en 4, para garantizar unha correcta atención individual. Virán, o primeiro día 30 min. acompañados dun adulto de referencia. O segundo día, podemos probar ou non, a que marche o adulto e volva en media hora, según como vexamos o neno de tranquilo. Este tempo, vaise alargando cada día: 1 hora, 1,5 horas, 2, 3 e así, na segunda semana, vamos ampliando horario ata a súa xornada definitiva.
Os nenos que xa coñecen a escola, vámolos ir citando xuntos, para evitar o "efecto rebote" cando sintan chorar os outros meniños, inda así, o período de adaptación farémolo prácticamente igual, pois despois dunhas longas vacacións de verán, necesitan volver a adaptarse (posiblemente, estes nenos o consigan antes).
Sempre contando coas posibilidades das familias en canto a horarios, iremos xuntando co suceder dos días aos nenos, para que todos se vaian coñecendo e acostumando os uns a os outros.   
Ata que as crianzas non estean adaptadas non poderán vir no horario ampliado nin utilizar o servicio de comedor.
Tralo período de adaptación pasamos unha enquisa á familia para valorar este período e tomar de referencia se precisáramos facer cambios


Os Tempos no período de adaptación

Débemos considerar tres tempos fundamentais en relación o período de adaptación: O tempo para os nenos/as (pois debemos coñecelos, acostumarnos a eles), tempo para as familias, co propósito de conseguir un contacto directo entre os educadores e os pais e nais (realizando as entrevistas oportunas para recadar información necesaria acerca do neno/a, dos seus intereses, gustos, así como coñecer o ambiente no cal se desenvolve; pero tamén reunións tanto en grupo coma individuais para transmitirlles confianza e seguridade, facerlles ver que os seus fillos están en boas mans) e tempo para as educadoras (pois deben plantexar o procedemento a seguir, preparar a actuación docente así como planificar o desenvolvemento da xornada ou manter reunións de equipo).

jueves, 20 de febrero de 2014

Período de Adaptación. Introducción

A entrada a escola de educación infantil, supón para as crianzas
comezar a familiarizarse coas educadoras, con outros meniños, así como con espazos novos, materiais e rutinas diferentes as coñecidas ata ese momento dentro do ámbito familiar, onde se sentían protexidos e seguros.
E aquí onde radica o punto máis importante deste período: a separación do fogar que os nenos/as van a vivir o incorporarse á escola, polo que é fundamental un adecuado período de adaptación, xa que  a súa actitude ante a escola, ante as relacións sociais e ante os aprendizaxes, van a depender en certa medida, de cómo asimilen este proceso, positiva ou negativamente.
Para moitos meniños, a asistencia o centro supón a primeira saída do ámbito familiar, e por tanto, un alonxamento dos modelos de referencia coñecidos ata o momento. Incluso para os que asistiron con anterioridade, suponlles un gran esforzo volver a adaptarse despois dun período vacacional tan longo como o verán.  
O noso centro e consciente deste reto así como coñecedor da importancia que ten levar a cabo unha estreita colaboración coas familias, coa finalidade común de facilitar este proceso tanto para os nenos/as como para os seus pais, para que poidan ser capaces de asimilar estes cambios. 
Esta colaboración é fundamental, e deben vivila entrada dos seus fillos o centro como algo positivo, sin estrés nin medos, xa que tódolos seus temores poden ser transmitidos a través de diversas manifestacións e captadas polos seus fillos. 
Débese ter en conta que non todos os nenos son iguais, polo tanto, a adaptación duns e outros tamén será distinta. Débense evitar comparacións.