foto

foto

jueves, 27 de febrero de 2014

O Tempo para as crianzas

O primer día que a crianza visita a escola soe coincidir cando coa súa familia solicita información para fecer a solicitude de praza, nese momento ensinámoslle a escola e vén un intre como o están a pasar os nenos e nenas. O día da entrega da documentación, xa nos coñecen e podémoslle chamar polo seu nome, se queren xogar no patio, invitámolos a facelo. Este soe ser o primer contacto que teñen os meniños coa escola.
Cando comeza o período de adaptación, a premisa fundamental que debemos coidar, e o respecto o ritmo de cada neno/a; así, ainda que nos teñamos establecidos uns horarios, unhas rutinas determinadas, as tutoras, contando coa aprobación por parte das familias, poderán facelos cambios precisos polo ben das crianzas; isto é, aínda que dito período estea programado para 15 días, se consideramos que un neno necesita máis ou menos, non existe motivo algún para ampliarlle o horario antes do previsto ou telo uns días máis en adaptación.
Podemos dicir que, según a idade dos meniños, 4 a12 meses, 2 ou 3 anos, o tempo adicado a este proceso, será algo diferente, pois non é o mesmo a actitude que poida mostrar un bebé que a que poida ter un neno de máis idade (aínda que como sempre, habrá excepcións), soe costar máis nun neno/a maior.
Na aula de 2-3 contamos con 20 nenos, os primeiros días virán a escola de
4 en 4, para garantizar unha correcta atención individual. Virán, o primeiro día 30 min. acompañados dun adulto de referencia. O segundo día, podemos probar ou non, a que marche o adulto e volva en media hora, según como vexamos o neno de tranquilo. Este tempo, vaise alargando cada día: 1 hora, 1,5 horas, 2, 3 e así, na segunda semana, vamos ampliando horario ata a súa xornada definitiva.
Os nenos que xa coñecen a escola, vámolos ir citando xuntos, para evitar o "efecto rebote" cando sintan chorar os outros meniños, inda así, o período de adaptación farémolo prácticamente igual, pois despois dunhas longas vacacións de verán, necesitan volver a adaptarse (posiblemente, estes nenos o consigan antes).
Sempre contando coas posibilidades das familias en canto a horarios, iremos xuntando co suceder dos días aos nenos, para que todos se vaian coñecendo e acostumando os uns a os outros.   
Ata que as crianzas non estean adaptadas non poderán vir no horario ampliado nin utilizar o servicio de comedor.
Tralo período de adaptación pasamos unha enquisa á familia para valorar este período e tomar de referencia se precisáramos facer cambios


No hay comentarios:

Publicar un comentario