Os meniños non son os únicos que participan na escola, tamén o fan as familias, (fundamentais en canto a colaboración e participación na escola infantil), o equipo educativo e o non educativo.
Uns días antes do comezo do curso, citamos as familias (as novas e tamén as que renovan), sen crianzas, para poder comunicarnos sen interrupcións. Faremos unha pequena xuntanza no patio, tocando varios puntos: a benvida e presentación, o período de adaptación, a metodoloxía que aplicamos, a participación das familias na Escola Infantil, as normas a seguir e invitámolos a participar na "xornada de portas abertas", que será o primeiro día de clase, no que as familias poderán vir ao centro cos seus fillos/as para realizar todos xuntos actividades coma contacontos, xogos con plastilina,etc. disfrutando deste primer encontro entre as familias, o cal lle proporcionará os nenos seguridade e confianza hacia a escola.
Despois cada pequeno grupo pasa a súa aula onde as titoras entregaranlles as axendas, un tríptico resumo da xuntanza e o material que precisan. Será este o momento destinado a que as titoras expoñan a planificación do período de adaptación e así facer os cambios precisos según as posibilidades das familias; como tamén quedar para a realización das entrevistas persoais, que supoñen un acercamento familia-escola, o tempo que van proporcionar os educadores datos importantes en canto o coñecemento das súas circunstancias e información relevante do seu fillo/a.
Polo que respecta ó equipo educativo, tamén necesita tempo para organizarse, facer as programacións, adaptacións no caso de ser necesarias, tarefas administrativas, documentación, etc. Reuniranse antes de comezar o curso e abordarán todos estes temas, organizaranse para empezar o curso todos na mesma línea. Os primeiros días, xa que os nenos non veñen a escola toda a xornada
, tamén poden aproveitar para a elaboración deste material.
No hay comentarios:
Publicar un comentario