A entrada a escola de educación infantil, supón para as crianzas
comezar a familiarizarse coas educadoras, con outros meniños, así como con espazos novos, materiais e rutinas diferentes as coñecidas ata ese momento dentro do ámbito familiar, onde se sentían protexidos e seguros.
E aquí onde radica o punto máis importante deste período: a separación do fogar que os nenos/as van a vivir o incorporarse á escola, polo que é fundamental un adecuado período de adaptación, xa que a súa actitude ante a escola, ante as relacións sociais e ante os aprendizaxes, van a depender en certa medida, de cómo asimilen este proceso, positiva ou negativamente.
Para moitos meniños, a asistencia o centro supón a primeira saída do ámbito familiar, e por tanto, un alonxamento dos modelos de referencia coñecidos ata o momento. Incluso para os que asistiron con anterioridade, suponlles un gran esforzo volver a adaptarse despois dun período vacacional tan longo como o verán.
O noso centro e consciente deste reto así como coñecedor da importancia que ten levar a cabo unha estreita colaboración coas familias, coa finalidade común de facilitar este proceso tanto para os nenos/as como para os seus pais, para que poidan ser capaces de asimilar estes cambios.
Esta colaboración é fundamental, e deben vivila entrada dos seus fillos o centro como algo positivo, sin estrés nin medos, xa que tódolos seus temores poden ser transmitidos a través de diversas manifestacións e captadas polos seus fillos.
Débese ter en conta que non todos os nenos son iguais, polo tanto, a adaptación duns e outros tamén será distinta. Débense evitar comparacións.
Ola Laura! Noraboa polo blogue! estou dacordo co que comentas do periodo de adaptación, é un momento decisivo para os nenos e como ti dis é importante ter presente que cada un é diferente, polo que teremos que tentar darlles unha resposta axeitada as súas características. Encántanme as ilustracións! jejje. Ánimo e a seguir traballando...
ResponderEliminar