É, ademáis, o primeiro que ve o neno cando acede a escola, e debe contribuir a creación dunha actitude positiva dos meniños hacia o centro. Coidaremos especialmente este espazo no período de adaptación: será alegre, acolledor e cómodo; que invite a entrar.
O principio estará baldeiro (só algunha información xeral do centro) e día a día, iremos colgando fotos dos nenos de como están a levar esta fase de adaptación, traballos realizados, etc. que axudará a crear un ambiente agradable.
Procuraremos non ter espazos moi saturados de materiais, informacións, etc. nestes primeiros días, pois os nenos están acedendo a un entorno descoñecido e non os vamos sobrecargar; primeiro deben afacerse a él.
Aula: Contará con espazos que propicien o movemento, actividades de ralación entre iguais e co adulto, pero tamén atenderá a necesidade de afecto, proteción e seguridade que demandarán os meniños nestes momentos (espazos íntimos para compartir co educador ou para relaxasrse eles sos). Seguindo a linea proposta, non incluiremos nada máis que o necesario (aseos, percheiros, colchoneta, etc.), os xogos e xoguetes irémolos introducindo pouco a pouco, contando coa axuda e colaboración dos nenos na construción deste espazo, polo que o sentirán un pouquiño seu, disfrutando na súa organización.
En canto os demáis espazos: galerías e pasillos, comedor, patio interior e exterior, etc. estarán organizados seguindo a mesmo proceso de austeridade en canto a materiais, etc., xa os iremos enchendo xunto cos nenos e nenas cando vaian superando e aceptando a entrada á escola.
Realizaremos actividades e xogos para que coñezan as distintas dependencias, cómo e para qué se utilizan, etc. (respecto polos materiais e polos elementos do centro).